domingo, 26 de abril de 2020

INFANTIL E 1º -FACEMOS MALABARES E XOGAMOS CON TELAS

Ola ! Moitas gracias a  es@s valientes que  enviastes o vídeo de equilibrio !!!!
Esta semán podedes ir  imaxe interactiva que está colgada o Día do libro e  con dous ou tres globos, unha botella de plástico e arroz,lentellas ... construir as vosas propias pelotas de maabares.
Con  telas,   mantas , sábanas, toallas se sodes duficientes na casa podedes intentar facer actividades semellantes as do vídeo  que tendes abaixo.
Moitos bicos  !!!

 

DATOS HISTÓRICOS SOBRE A EQUIPACIÓN NO SURF

Nesta imaxe interactiva tendes algunha información sobre algúns dos inventos necesarios para practicar Surf. Pinchade nos diferentes elementos se queredes ampliar información e consultar fontes (onde  se atopoa información ).

RETOS 2 E 3 DE EQUILIBRIO

SURF : A POSTA EN PÉ NA TÁBOA ( POP-UP) Descubride sobre que perna vos queredes levantar!

Ola, preséntovos  a Luismi ,  un forofo do surf  o que lle pedín  este favor ...
Neste vídeo e no seguinte explica como realizar esta técnica e que podedes practicar na vosa casa. Complemento os seus vídeos con outro práctico na mar.

    

PRÁCTICA EN CASA

APRENDENDO DOS ERROS !

ERRAR É APRENDER !!! Coñecer os erros típicos enriba da tabla pode axudar a partir cunha boa técnica.
  

DOCUMENTAL PARA FAMILIAS : " Al Filo De Lo Imposible: Axier Muniain, El Cazador de Olas Gigantes"

        Ola familias ,  para finalizar coa temática Surf , este é un documental para todos os públicos pero principalmente dirixido a público adulto. Non é  moi longo  así que  que tal vez se enganche algún neno ou nena motivad@  para practicar este deporte.
                       
       

xoves, 23 de abril de 2020

XOGOS POPULARES ! FELIZ DÍA DO LIBRO !

Nesta imaxe interactiva tendes 3 xogos populares  que aparecen na famosa obra " Don Quijote de la Mancha" . No libro relátanse  mais xogos como o Hito,xogos de pelota,duelo entre caballeros,lidia de toros...

domingo, 19 de abril de 2020

IMITO OS MOVEMENTOS DUN HEROE QUE SABE MOITO DE EQUILIBRIO !!!

SEGURIDADE NA PRAIA PARA 1º E 2º

Sabedes de que vai este xesto ,  non si ??? Xa volveremos a facelo nas aulas. 
DESCUBRE QUE SUBE E QUE BAIXA !

A "ETIQUETA " EN SURF

Na DIAPOSITIVA 2 tendes resumidas as Normas de seguridade no surf   .
Se queredes ampliar información podedes consultar tamén  este enlace:
                      https://surfnsoul.com/es/presse/sicherheit.shtml
Despois podedes facer o QUIZ  que  aparece  na publicación que está debaixo desta.
SORTE!

QUIZ SEGURIDADE NA AUGA PARA 3,4º, 5º E 6º


3º,,4º, 5º E 6º A REMADA EN SURF

    Aquí tendes un breve  vídeo no que explican en que consiste a REMADA .Necesaria para adentrarrse no mar enriba da nosa tabla.

Podedes practicar en casa  pondo  unha esterilla enriba de coxíns !!!!
  

EXPERIMENTANDO O DESEQUILIBRIO SALTANDO - INFANTIL


Ola chicas e chicos,adxunto este vídeo para practicar .  @S DE 2º  se vos animadres podedes facelo a pata coxa!! Un abrazo chiquitiness !!!!!

xoves, 16 de abril de 2020

VOCABULARIO DE SURF PARA 5º, 6º ( E FAMILIAS BRAVAS DE TODOS OS CURSOS ...)


Ola , aquí tendes unha selección de actividades dixitales relacionadas con surf  para aprender conceptos e vocabulario. Son  complicadas pero   temos a sorte de poder repetir a actividade moitas veces e ...UN bico!

1ª   CRUCIGRAMA CON PISTA DE  LETRA E PALABRA

2ª   FORMAR FRASES RELACIONADAS CÓ SURF

3ª   APRENDE VOCABULARIO RELACIONADO CON SURF

4ª   PARTES DA TABLA DE SURF

5ª  SOPA DE LETRAS DE SURF

6ª  SOPA DE LETRAS DEPORTES ACUÁTICOS

domingo, 12 de abril de 2020

PRESENTACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA DE SURF

Ola familias, ola nenas e nenos. Aquí seguimos ... En primeiro lugar espero que vos atopedes ben . Este trimestre tiñamos  programado coñecer e practicar diferentes  deportes acuáticos. Tiñamos programadas  varias saídas ,   entre elas unha de Surf . Dado que a situación non o permite , imos empezar a prepararnos en casa  que xa chegará o momento de pisar as praias !!!!!
Cada unha e cada un  o seu ritmo  , os tempos os marcades vos e  se o facedes en familia xenial!!
Un abrazo!
.

RETO DE EQUILIBRIO

TEMOS MOITOS RECURSOS NAS NOSAS CASAS!
Aquí deixo este reto de equilibrio! Podedes  utilizar recursos que teñades en casa e inventar!
Se vos apetece enviade foto ou vídeo a : delcanoalvarez@edu.xunta.es

COÑECENDO A MIREIA BELMONTE


Ola chic@s, unha  compañeira de 6º curso enviou  un  traballo de investigación sobre Mireia Belmonte  .
Basándome no traballo de Elena ,  creei este QUIZ  o que podedes xogar  para ampliar  os vosos coñecementos deportivos.
                                                    Pulsade abaixo onde pon "Empezar".                     

VOCABULARIO DEPORTES ACUÁTICOS PARA 1º E 2º CURSO


Propoño unha  pequena actividade para que @s máis pequen@ amplien os seus coñecementos deportivos .
Para empezar pulsade o lápis arriba a dereita e tendes 20 segundos para  unir con flechas as palabras !!!!