mércores, 16 de decembro de 2020

Día Internacional de las Montañas

Aquí deixo este vídeo pola celebración do  11 de Decembro Día Internacional das Montañas.

martes, 1 de decembro de 2020

DECEMBRO - CELEBRAMOS O " DÍA DA DISCAPACIDADE "

Neste enlace as nenas e os  nenos de 1º e 2º ( 3º a 6º o tendes nas aulas virtuais) podedes acceder a un cuestionario e coñecer a persoas con discapacidade  que practican deporte e actividade física .
Se o ves podes decirme : 
- Que é un TANDEM?
- En que consiste o deporte do  SLALOM?

Foto obtida de APAMP.org






venres, 20 de novembro de 2020

6º CURSO SEMANA 23 NOVEMBRO

6º  :  Na Aula Virtual de Educación Física tendes no apartado "Os nosos traballos "   os PODCAST sobre alimentación que fixemos esta semana. Se hai algo que vos apetece cambiar ou mellorar podemos repetilos. Tamén podemos facer novos podcast se  considerades importante  aportar algo novo sobre alimentación. 

A próxima semana imos facer un vídeo grupal  saltando a  comba que servirá para ter evidencias para por a  parte da  nota  na que se ten en conta A HABILIDADE MOTRIZ BÁSICA SALTO .

O luns dividirémonos en grupos e ademáis de practicar o salto básico e alternando os pes  cada grupo  pensará algunha proposta  , truco ou salto diferente utilizando a comba  .

O xoves , se da tempo ...  faremos o vídeo  grupal no que ademáis de mostrar a nosa pericia saltando  cada grupo propón o seu truco o resto .

Antes de saltar calentaremos e finalmente estiraremos .

sábado, 14 de novembro de 2020

6º SEMANA 16 NOVEMBRO

Traballaremos sobre a ALIMENTACIÓN   . 
Partiremos con  información sobre  5 temáticas ( Cada alumn@ traballará sobre  unha pequena parte dalgunha delas )   :

 - O PRATO SAUDABLE.
 - A IMPORTANCIA DE BEBER AUGA E HIDRATARSE.
-5 ALIMENTOS PARA VIVIR MELLOR.
-BENEFICIOS DAS FRUTAS.
-A RODA DOS ALIMENTOS.

Como producto final grabaremos  en formato audio os vosos comentarios sobre a alimentación diseñando o  "Postcast  sobre a  Alimentación de  6º.

venres, 6 de novembro de 2020

6º SEMANA 9 NOVEMBRO - CALENTAMENTO DE 8 MINUTOS

Seguindo as instrucións do vídeo pensa e / ou anota   que calentamiento de 8 minutos farías
O próximo imos traballar sobre iso . 

mércores, 4 de novembro de 2020

PARA @S QUE NECESITEDES MÁIS MOVEMENTO !!!!

Ola familias ,ante a suspensión das actividades  físicas e deportivas fora do horario escolar adxunto este enlace para @s que teñan máis necesidade de movemento . Podedes abrir a páxina de GONOODLE e acceder a moitos recursos que unen o aprendizaxe do Ingles con movemento físico.Eu irei seleccionando o longo do curso os que considere máis interesantes .  Un saúdo .

 

domingo, 1 de novembro de 2020

sábado, 31 de outubro de 2020

6º PRÓXIMA SEMANA NOVEMBRO

 O luns :

1ºveremos o vídeo que fixestes , dura 8 minutos.

2ºBaixaremos a andar e correr quen queira individualmente ( se o tempo o permite) .

3ºSaltaremos a comba 10 min 

4ºEstiraremos cuádriceps e xemelos. 

Este vídeo fala sobre o calentamento.O Xoves traballaremos sobre él.

https://youtu.be/ByE0VdIurXA




sábado, 24 de outubro de 2020

6º CURSO! CONTINUAREMOS COA PREPARACIÓN DOS XOGOS POPULARES

Fixen un primeiro video coas grabacións do outro día . O luns  o vedes e repetimos as explicacións que consideredes por se  alguén detecta erros  e quere repetilo  que xa sei que sodes unhos cant@s. ..
PRECISAREI A VOSA AXUDA PARA : 

1º Montar 4 circuitos de chapas con cinta aislante dentro do  ximnasio e 3 ou catro  de raiolas  que faremos con cinta antideslizante  no porche do ximnasio. Para facer as raiolas precisamos antes pintalas con tiza no chan.
2º - Lembrar @s máis pequen@s as  medidas de seguridade xerais ( non pasar as bolas ou material duns a outros, limpar as mans  antes e despois de coller   os materiais  e ... se da tempo limpar os materiais antes de deixalos na caixa verde .Lembrar tamén o de intentar manter a distancia social ...e mascarilla tapando o nariz .

O alumnado que xa rematase a taréa de facer o vídeo e preparar a zona do seu xogo pode saltar a comba ou xogar as chapas e/ou a raiola.
O xoves se xa o teño ensinareivos o vídeo final  e  faremos  algúns destes xogos en grupo pequeno.
Vémonos o luns!

domingo, 18 de outubro de 2020

6º CURSO : AXUDA PARA EXPLICAR OS XOGOS POPULARES!

 Esta semana necesito voluntari@s de 6º para explicar os xogos populares que  normalmente facemos no Magosto. A idea é facer video coa explicación para que @s máis pequenos o poidan ver .O luns decidimos que xogos explicamos. Como sabedes non pode haber intercambio de materiais e ten que ser posible manter distancia.

martes, 13 de outubro de 2020

1º ,2º AS POSTURAS DO CORPO - EXPERIMENTANDO O DESEQUILIBRIO !

Esta semana en 1º e 2º  continuamos traballando  o coñecemento do noso corpo  .Hoxe  estivemos traballando o equilibrio estático no chan . Aquí tendes unha pequena mostra!

 

sábado, 3 de outubro de 2020

AVISO SOBRE COMO DEBE SER EL TAMAÑO DE LA COMBA O CUERDA .

Párate con los pies juntos sobre la mitad de la cuerda, es decir, písala por su medio y con las manos llévala hacia el tronco por los lados del cuerpo, si la cuerda llega hasta tus axilas, ese es el largo adecuado.

4º,5º E 6º - OCTUBRO : MELLORO A MIÑA CONDICIÓN FÍSICA.TOMO O PULSO.

Este mes imos intentar mellorar a nosa condición física saltando a comba.Se practicades en casa e dominades o salto básico podemos intentar idear unha coreografía seguindo o ritmo da música. Suxerencias musicais a : alexandrebovedaef@gmail.com. Iniciaremos as clases facendo AUTÓNOMAMENTE O CALENTAMIENTO ARTICULAR , podemos consultar a última ficha que pegastes no cuaderno. Bo finde !!!!

sábado, 30 de maio de 2020

PROGRAMA DEPORTIVO DE RADIO BERETIÑO

APP MÓVIL : YOGA PARA NENA/OS

AquÍ tendes o enlace dunha  aplicación  para facer Yoga. Tendes tres niveis de dificultade e un reloxo que vos vai marcando o tempo. Estos exercicios ademáis de axudar a gañar flexibilidade  son gratificantes e relaxantes. Tendes un reloxo que vos marca o tempo. Aguantade!!

                  https://play.google.com/store/apps/details?id=com.HomeFitness.KidsYoga

Captura de pantalla

INFANTIL E 1º : APP PARA MÓVIL OU TABLET " KIDS MORNING EXERCISES "

Esta aplicación   é para que @s máis pequenos se motiven a facer  un pouquiño de exercicio físico ! Animádevos a descargala no móvil e ... a moverse!
https://apps.apple.com/us/app/kids-morning-exercises/id1263959834



2º E 3º : ADESTRAMENTO " SUPERMARIO"

4º E 5º E 6º : APLICACIÓN PARA MÓVIL: PLAN DE ADESTRAMENTO . MÓVETE EN CASA O TEU RITMO !

Deixo este enlace no que podedes descargar unha  App  gratuita para Android , para que realicedes exercicio físico na casa.  Tendes tres niveis de dificultade . Ánimo!
       https://play.google.com/store/apps/details?id=com.workout.exerciseforkid

 Captura de pantalla

domingo, 24 de maio de 2020

O ADESTRAMENTO DE ELSA (FROZEN)

PRIMARIA - IDENTIFICAMOS AS EMOCIÓNS

PRIMARIA PARA QUE SIRVEN AS EMOCIÓNS?

BAILE DAS EMOCIÓNS PARA INFANTIL

O CORONAVIRUS PARA NENA/ OS

BAILEMOS O SON DA CUMBIA DO CORONAVIRUS

PARA SEXTO E FAMILIAS - PÍLDORAS SOLIDARIAS

sábado, 16 de maio de 2020

PRESENTACIÓN " TEATRO DE SOMBRAS"

APRENDE A FACER SOMBRAS DE ANIMAIS COAS MANS !

DISEÑA O TEU PROPIO TEATRO

Se abrides o enlace que está debaixo da imaxe tendes unha expliccación sobre como realizar un  escenario para facer a vosa actuación se decidides utilizar siluetas planas. Podedes tomar ideas pero non fai falta que o decoredes como está no vídeo.


https://youtu.be/_BCJ4fOVgLQ

SILUETAS DE ANIMAIS E PERSOAXES DA MAR

https://adventure-in-a-box.com/wp-content/uploads/2016/06/Coral-Reef-Shadow-Puppet-Set.jpg


https://www.freepik.es/vector-premium/clip-art-silueta-animales-rio-agua-mar_2902983.htm



TAREFA PROPOSTA : CREA O TEU PROPIO ESPECTÁCULO

INSPIRACIÓN PARA INFANTIL ( EN EL MAR)

INSPIRACIÓN PARA 1º,2º, E 3º REPRESENTACIÓN O ESPAZO DE "SHADOU THEATER"

INSPIRACIÓN PARA 4º ,5º E 6º : HARRY POTTER "SHADOW THEATER"

sábado, 9 de maio de 2020

MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS 2020

Calentando motores para as LETRAS GALEGAS !!!
Enviade a FOTO DO VOSO PASEO ( Toda a información no blogue de Música).
               Pinchade neste enlace e veredes o "Paseo de Susana Seivane "
              https://www.facebook.com/SeivaneSusana/videos/1054586864903530/
                               Imaxe caricatura de Susana Seivane . Autor :  Manuel Calderón (2016)

PARA XOGAR EN FAMILIA OCA INTERACTIVA CON DADO INCLUIDO

ENTRENO CO CAPITÁN AMÉRICA

INFANTIL : BAILEMOS E SALTEMOS !

PARA 1º E 2º SEGUIMOS ESTE RITMO MONSTRUOSO!!!

PARA 3º E 4º : ACTIVIDADE FÍSICA NA PREHISTORIA

5º E 6º - PIRAGÜISMO - A TÉCNICA DO "DRAGON BOAT"

Neste vídeo podedes ver con claridade a técnica para remar no Dragon Boat  .
Unha especialidade do PIragüismo  que se está introducindo  en Galicia dende hai moi poucos anos  e ten o seu orixe en China hai máis de 2000 anos  sendo utilizada polos pecadores .
A embarcación caracterízase por levar  unha CABEZA E COLA DE DRAGÓN,  ENTRE 12 E 24 PALISTAS  , unha persoa que leva o TIMÓN  na parte trasera  e unha na parte dianteira que anima e marca o ritmo cún TAMBOR. SÍÍ  UN TAMBOR, ESCOITACHES BEN!!!
 

sábado, 2 de maio de 2020

MODALIDADE DEPORTIVA REMO ADAPTADO

Ola chic@s preséntovos a : Jesus Valverde (Suso)  .  Un apasionado deportista  que hoxe comparte con nos fotografías e vídeos do deporte que practica  : REMO ADAPTADO EN BANCO MÓVIL.
Entrena en Meira e participa en competicións nacionais có Clube de Remo de  Noia.
     Moitas Grazas Suso  polo tempo dedicado e  invitar as   rapazas e rapaces a práctica deportiva !
SE ESTÁS ATENT@S TRAS VER O VÍDEO COÑECERÁS A RESPOSTA DESTAS PREGUNTAS :  .
-  Por que necesita ADAPTAR  a embarcación ?
- Que ten de peculiar o  asento e os laterais  da EMBARCACIÓN ?
-  Cantos días a semana ENTRENA?
 - Onde son as COMPETICIÓNS ?
- Como se chama o INSTRUMENTO/APARATO que utiliza para entrenar en casa?( ver vídeo)
                                                       
                     

   

O REMO : VOCABULARIO BÁSICO

COÑECEMOS O REMO ADAPTADO

O ADESTRAMENTO DE HARRY POTTER !

Este  vídeo  invita a movernos pasando un rato divertido ! Espero que vos guste !
                                               

INFANTIL - PINTAMOS E XOGAMOS COAS MANS


Ola ,envío este  ENLACE para unir manualidades con algo de movemento . Trátase de formar parellas neste caso con mans de diferentes colores pintadas en platos.
A miña proposta é , que  unha vez fagades a actividade nunha habitación  como se ve no enlace repartades os platos por toda a casa.

          https://www.toddlerapproved.com/2014/05/handprint-color-matching-game-virtual.htm


A RADIO DO COLE - RADIO BERETIÑO

domingo, 26 de abril de 2020

INFANTIL E 1º -FACEMOS MALABARES E XOGAMOS CON TELAS

Ola ! Moitas gracias a  es@s valientes que  enviastes o vídeo de equilibrio !!!!
Esta semán podedes ir  imaxe interactiva que está colgada o Día do libro e  con dous ou tres globos, unha botella de plástico e arroz,lentellas ... construir as vosas propias pelotas de maabares.
Con  telas,   mantas , sábanas, toallas se sodes duficientes na casa podedes intentar facer actividades semellantes as do vídeo  que tendes abaixo.
Moitos bicos  !!!

 

DATOS HISTÓRICOS SOBRE A EQUIPACIÓN NO SURF

Nesta imaxe interactiva tendes algunha información sobre algúns dos inventos necesarios para practicar Surf. Pinchade nos diferentes elementos se queredes ampliar información e consultar fontes (onde  se atopoa información ).

RETOS 2 E 3 DE EQUILIBRIO

SURF : A POSTA EN PÉ NA TÁBOA ( POP-UP) Descubride sobre que perna vos queredes levantar!

Ola, preséntovos  a Luismi ,  un forofo do surf  o que lle pedín  este favor ...
Neste vídeo e no seguinte explica como realizar esta técnica e que podedes practicar na vosa casa. Complemento os seus vídeos con outro práctico na mar.

    

PRÁCTICA EN CASA

APRENDENDO DOS ERROS !

ERRAR É APRENDER !!! Coñecer os erros típicos enriba da tabla pode axudar a partir cunha boa técnica.
  

DOCUMENTAL PARA FAMILIAS : " Al Filo De Lo Imposible: Axier Muniain, El Cazador de Olas Gigantes"

        Ola familias ,  para finalizar coa temática Surf , este é un documental para todos os públicos pero principalmente dirixido a público adulto. Non é  moi longo  así que  que tal vez se enganche algún neno ou nena motivad@  para practicar este deporte.
                       
       

xoves, 23 de abril de 2020

XOGOS POPULARES ! FELIZ DÍA DO LIBRO !

Nesta imaxe interactiva tendes 3 xogos populares  que aparecen na famosa obra " Don Quijote de la Mancha" . No libro relátanse  mais xogos como o Hito,xogos de pelota,duelo entre caballeros,lidia de toros...

domingo, 19 de abril de 2020

IMITO OS MOVEMENTOS DUN HEROE QUE SABE MOITO DE EQUILIBRIO !!!

SEGURIDADE NA PRAIA PARA 1º E 2º

Sabedes de que vai este xesto ,  non si ??? Xa volveremos a facelo nas aulas. 
DESCUBRE QUE SUBE E QUE BAIXA !

A "ETIQUETA " EN SURF

Na DIAPOSITIVA 2 tendes resumidas as Normas de seguridade no surf   .
Se queredes ampliar información podedes consultar tamén  este enlace:
                      https://surfnsoul.com/es/presse/sicherheit.shtml
Despois podedes facer o QUIZ  que  aparece  na publicación que está debaixo desta.
SORTE!

QUIZ SEGURIDADE NA AUGA PARA 3,4º, 5º E 6º


3º,,4º, 5º E 6º A REMADA EN SURF

    Aquí tendes un breve  vídeo no que explican en que consiste a REMADA .Necesaria para adentrarrse no mar enriba da nosa tabla.

Podedes practicar en casa  pondo  unha esterilla enriba de coxíns !!!!
  

EXPERIMENTANDO O DESEQUILIBRIO SALTANDO - INFANTIL


Ola chicas e chicos,adxunto este vídeo para practicar .  @S DE 2º  se vos animadres podedes facelo a pata coxa!! Un abrazo chiquitiness !!!!!

xoves, 16 de abril de 2020

VOCABULARIO DE SURF PARA 5º, 6º ( E FAMILIAS BRAVAS DE TODOS OS CURSOS ...)


Ola , aquí tendes unha selección de actividades dixitales relacionadas con surf  para aprender conceptos e vocabulario. Son  complicadas pero   temos a sorte de poder repetir a actividade moitas veces e ...UN bico!

1ª   CRUCIGRAMA CON PISTA DE  LETRA E PALABRA

2ª   FORMAR FRASES RELACIONADAS CÓ SURF

3ª   APRENDE VOCABULARIO RELACIONADO CON SURF

4ª   PARTES DA TABLA DE SURF

5ª  SOPA DE LETRAS DE SURF

6ª  SOPA DE LETRAS DEPORTES ACUÁTICOS

domingo, 12 de abril de 2020

PRESENTACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA DE SURF

Ola familias, ola nenas e nenos. Aquí seguimos ... En primeiro lugar espero que vos atopedes ben . Este trimestre tiñamos  programado coñecer e practicar diferentes  deportes acuáticos. Tiñamos programadas  varias saídas ,   entre elas unha de Surf . Dado que a situación non o permite , imos empezar a prepararnos en casa  que xa chegará o momento de pisar as praias !!!!!
Cada unha e cada un  o seu ritmo  , os tempos os marcades vos e  se o facedes en familia xenial!!
Un abrazo!
.

RETO DE EQUILIBRIO

TEMOS MOITOS RECURSOS NAS NOSAS CASAS!
Aquí deixo este reto de equilibrio! Podedes  utilizar recursos que teñades en casa e inventar!
Se vos apetece enviade foto ou vídeo a : delcanoalvarez@edu.xunta.es

COÑECENDO A MIREIA BELMONTE


Ola chic@s, unha  compañeira de 6º curso enviou  un  traballo de investigación sobre Mireia Belmonte  .
Basándome no traballo de Elena ,  creei este QUIZ  o que podedes xogar  para ampliar  os vosos coñecementos deportivos.
                                                    Pulsade abaixo onde pon "Empezar".                     

VOCABULARIO DEPORTES ACUÁTICOS PARA 1º E 2º CURSO


Propoño unha  pequena actividade para que @s máis pequen@ amplien os seus coñecementos deportivos .
Para empezar pulsade o lápis arriba a dereita e tendes 20 segundos para  unir con flechas as palabras !!!!

sábado, 28 de marzo de 2020

SEMANA DA SAÚDE

 Esta Semana  ( 30 Marzo a e de Abril ) celebraríamos no Colexio   a " Semana da Saúde ", Déixo este enlace que vos leva a unha Webquest na que están explicadas as actividades propostas para cada día.  Anímovos  a que  as fagades na casa . Se  tendes algunha dúbida , queredes  consultar algo ou enviar foto que subiremos o Twitter podedes   escribir o  meu correo institucional  , ou a       alexandrebovedaef@gmail.com .


LUNS :  SAÚDE CORPORAL- ACTIVIDADES FÍSICAS NO MAR
MARTES : SAÚDE MENTAL -  O  PODER TERAPÉUTICO DO MAR
MÉRCORES :  SEGURIDADE FÍSICA  - SEGURIDADE NO MAR 
XOVES : EDUCACIÓN AMBIENTAL - A CONTAMINACIÓN DO MAR 

VENRES :  HÁBITOS SALUDABLES DE ALIMENTACIÓN - ALIMENTOS SAUDABLES DO MAR
                           
PINCHA AQUÍ  :       https://sites.google.com/site/semanadasaude2020/
Unha vez aberto o enlace hai  que  abrir as pestañas da izquierda para saber que debemos facer e como ...Espero que estedes todas e todos ben e espero moitas  mensaxes ! Abrazos!

xoves, 26 de marzo de 2020

Aulas Galegas - MUIÑEIRA do CHAO con Luis Prego

Ola, adxunto este vídeo para que no Alexandre Bóbeda tod@s bailemos muiñeiras !!!! Bailarines , gaiteir@s e percusionistas tomade nota !!!!
Aprendemos  a Muiñeira do Chaooooo!!



  

Aulas Galegas - Pasagalego de atletismo 5º e 6º

Ola, quero compartir con vos este  "Pasapalabra " en Galego sobre o deporte do atletismo que me parece interesante e divertido . Creo que algunhas das palabras son complicadas para vos , xa mo diredes. Para calquer dúbita escribide a alexandrebovedaef@gmail.com.

Un abrazo e espero que estedes ben!



O XOGO DA OCA

Ola, que tal estades ? Presento este material elaborado por un compañeiro  de profesión .Se queredes podedes xogar  na casa , sólo precisades un dado . Unha iniciativa  das moitas que se están dando estes días .
Espero que vos guste!




sábado, 21 de marzo de 2020

GUÍA PARA FAMILIAS


Adxunto este PDF ,  é unha guia elaborada en principio  por psicólogas e psicopedagogas  , dirixida a diferentes colectivos , entre eles familias con nen@s .
Pode que vos sexa de axuda para afrontar  esta situación.
Pinchade abaixo  no  enlace Guía para familias .
Bicos!

GUÍA PARA AS FAMILIAS 

MÓVETE NA CASA!





SÓLO 3º E 4º REVISTA FOLERPAS


                     ESTA É UNHA ACTIVIDADE PARA 3º E 4º  DE PRIMARIA !!!!!
Ola chicas e chicos de 3º e 4º.  Se lembrades na última clase de Educación Física ,comenteivos que  iamos dedicar unha parte a deportes ,e DISEÑAMOS  ( 4º quedaramos en que o próximo día as tiñamos) PREGUNTAS PARA CONVERTIRNOS EN DEPORTISTAS DEPORTIVA/OS .
 Á idea era intentar acceder a algún clube para entrevistar a algún ou algunha  adiestrador/a,  directiva/o ou deportista .  CANTO MAIOR SEXA MELLORRR .
 Pois ben , tomando como punto de partida as preguntas que ideamos con 3º ( podedes  cambialas algo ou añadir máis) imos intentar facer esa entrevista.
 Pódese facer por teléfono,por wassup., por skipe...Me gustaría ter algunha para poder incluir ese apartado na revista  . En todo caso , SENNNNN AGOBIOSSSS , facede a entrevista se vos sentides cómoda/os nese papel de "periodista deportiva/o" e vos apetece . Unha vez a fagades PODEDES ENVIALA  O MEU CORREO INSTITUCIONAL  ou contactar  conmigo a través dese medio .
Posibles Clubes : Clubes de futbol  de Chapela, o de Remo, o Flic Flac na Etea , o CAR de Redondela...
Eu farei un pupurri cos vosos traballos   para diseñar unha páxina do periódico no que figuren esas OPINIÓNS.


PREGUNTAS QUE TEMOS :

1º. Nome  - A que Clube pertences?... Papel que desempeñas (ADESTRADOR,XUÍZ,DEPORTISTA,DIRECTIVA...)
2º Crees que o deporte femenino está suficientemente valorado?
3º Na tua traxectoria observas cambios , consideras  que as mulleres comenzan a ser tidas en conta no deporte? No teu  clube notas cambio en canto a aumento de deportistas mulleres?
4º Na televisión  vemos  menos  deporte femenino que masculino.Como crees que podemos axudar a que cambie iso?
5º. Crees que son posibles  as competicións con equipos mixtos(  formado por chicas y chicos )?

Se alguén quere añadir máis preguntas pode. Xa sei que é algo complicado pero a ver se algún o consigue para poder manter o apartado.
                                Moitas gracias!!!E moitos bicos!!!!

venres, 20 de marzo de 2020

O ALFABETO - FIGURAS DE ACROSPORT DE 2



Estimad@s alumn@s :  adxunto unha imaxe con posturas de Acrosport , algunhas delas xa as realizamos en clase previamente .
Precisades doutra  persoa mínimo ( se hay xunha terceira podería asegurar e axudar a formar ben a postura )...
NORMAS DE SEGURIDADE 
- Xa sabedes   que o portor ten que ir debaixo  ou ser o que carga co peso e consecuentemente ser @ máis pesad@!
- A/o ágil  precisa manter o equilibrio e debe ter moito coidado o subir e baixar para non lesionar 2 compañeir@ .Comunicarse é imprescindible.
- Esta actividade se realiza descalzos ou con calcetíns .
- Sobre unha superficie blanda e lonxe de armarios, mesillas....
- Podedes sacar foto e enviarma o correo  institucional que teñen as familias.
Un abrazo ,  e a disfrutade moito  do exercicio  !!!



                              Se esto vos soupo a pouco .No seguinte enlace vai o de verdad!

E MÁIS ACROSPORT -FIGURAS DE 3


Se sodes 3 na casa  podedes mostrarlle o resto as figuras que practicamos en clase .
Un bico !!
1

ACTIVIDADES CON GLOBOS



Ola chicas e chicos !! Déixovos un enlace con actividades para realizar con globos. Xa é  unha actividade que coñeces porque non hai moito que os utilizamos COMO RECURSO ,  pero algunhas das actividades non as fixemos en clase.
Tendes o RETO de buscar un lugar adecuado na vosa casa SEGURO e incluso de crear novas actividades con recursos que teñades en casa.
UN ABRAZO MOI FORTEEE!!!
   


                             
   

YOGA PARA @S MÁIS PEQUEN@S

Ola familias, ola nenas e nenossss!!!!¿Qué tal o levamos???Xa queda unha semana menos  Bennnn(Aplausos)
Como sei que vos encanta o " yoga  " esta semana déixovos ademáis desta foto con posturas ,  un enlace a un vídeo  no que explica moi claramente catro das posturas principales :
-GATO
-CAN
-SERPE
-ABELLA
Propoño un RETO , practicalas cada día facendo 3 repeticións de cada unha e.....intentar unilas todas  cando as saibamos de memoria SENNNNN VIDEOOOOO.
De gato a can de can a serpe e de serpe a abella para rematar.Seguro que con axuda das vosas nais e pais o final vos sae cos ollos pechados .
E unha cousa moi importante ....NON VOS ESQUEZADES DE RESPIRAR .
Un abrazo moi forte e  moitas sonrisas familiassss !!!!!!



RETO : GATO,CAN.SERPE ,ABELLA.


AQUÍ TENDES O VÍDEO DO RETO.
MUA,MUA E MUA!!!



luns, 16 de marzo de 2020

BAILANDO EN FAMILIA

 Podemos buscar  momentos de descanso para cansarnos en familia !
Mover o corpo é mover a mente



sábado, 14 de marzo de 2020

PENSANDO N@S MÁIS PEQUEN@S


ADXUNTAMOS  UN CONTO PENSANDO N@S MÁIS PEQUEN@S.

Resultado de imagen de ROSA CONTRA EL VIRUS

https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus


PARA NAIS E PAIS QUE NECESITAN DESCONECTAR



Colgo o enlace deste blog pensando en   nais , pais , avoas e avós  deportistas ou non  ...pero sí amantes da natureza  e das  espectaculares paisaxes  ... ( Apto para todos os públicos ) .

Killian Jornet ofrece  de manera gratuita e durante unha semana as TRES  PELÍCULAS  do seu Proxecto 
                                                             "Summits of my life".

Resultado de imagen de killian jornet

PARA INFANTIL, 1º E 2º ."Quedamos na casa " ACTIVAMENTE !

venres, 13 de marzo de 2020

3º,4º,5º,6º BALONMANO


TORNEO INTERNACIONAL DE ESPAÑA MAS 2019 ESPAÑA VS ARABIA SAUDI 3 DE XANEIRO.
Vendo este vídeo observaremos como avanzan os xogadores polo campo , cantos pasos dan , que decisións toman ( lanzar a portería,pasar a un compañeiro, avanzar botando , correr para defender  ...)
1.Cantos xogador@s  están no campo nun partido de balonmano?
2. Identificamos os xogadores en posición extremo , lateral, central e pivote ?
 Non hai que escribir nada ,  atender e aprender.

BALONCESTO PARA 5º e 6º


5º e 6º  Podemos ver este vídeo e plantexarnos as seguintes preguntas : 
1.Cal é o equipo local e visitante ?
2.Cantas xogadoras hai no campo e son eliminadas por cometer faltas persoais?
3. Cal é  o resultado do partido?
4. Mostraron na TV a xogadora que mete máis puntos e atrapa  máis rebotes?
(Non tendes que escribir  nada sólo ver e disfrutar do partido )

1º e 2º QUENTANDO MOTORES




ESTE É UN VÍDEO ADECUADO PARA OS PRIMEIROS NIVELES
¡A MOVER O ESQUELETO CHIC@S!