venres, 20 de novembro de 2020

6º CURSO SEMANA 23 NOVEMBRO

6º  :  Na Aula Virtual de Educación Física tendes no apartado "Os nosos traballos "   os PODCAST sobre alimentación que fixemos esta semana. Se hai algo que vos apetece cambiar ou mellorar podemos repetilos. Tamén podemos facer novos podcast se  considerades importante  aportar algo novo sobre alimentación. 

A próxima semana imos facer un vídeo grupal  saltando a  comba que servirá para ter evidencias para por a  parte da  nota  na que se ten en conta A HABILIDADE MOTRIZ BÁSICA SALTO .

O luns dividirémonos en grupos e ademáis de practicar o salto básico e alternando os pes  cada grupo  pensará algunha proposta  , truco ou salto diferente utilizando a comba  .

O xoves , se da tempo ...  faremos o vídeo  grupal no que ademáis de mostrar a nosa pericia saltando  cada grupo propón o seu truco o resto .

Antes de saltar calentaremos e finalmente estiraremos .

sábado, 14 de novembro de 2020

6º SEMANA 16 NOVEMBRO

Traballaremos sobre a ALIMENTACIÓN   . 
Partiremos con  información sobre  5 temáticas ( Cada alumn@ traballará sobre  unha pequena parte dalgunha delas )   :

 - O PRATO SAUDABLE.
 - A IMPORTANCIA DE BEBER AUGA E HIDRATARSE.
-5 ALIMENTOS PARA VIVIR MELLOR.
-BENEFICIOS DAS FRUTAS.
-A RODA DOS ALIMENTOS.

Como producto final grabaremos  en formato audio os vosos comentarios sobre a alimentación diseñando o  "Postcast  sobre a  Alimentación de  6º.

venres, 6 de novembro de 2020

6º SEMANA 9 NOVEMBRO - CALENTAMENTO DE 8 MINUTOS

Seguindo as instrucións do vídeo pensa e / ou anota   que calentamiento de 8 minutos farías
O próximo imos traballar sobre iso . 

mércores, 4 de novembro de 2020

PARA @S QUE NECESITEDES MÁIS MOVEMENTO !!!!

Ola familias ,ante a suspensión das actividades  físicas e deportivas fora do horario escolar adxunto este enlace para @s que teñan máis necesidade de movemento . Podedes abrir a páxina de GONOODLE e acceder a moitos recursos que unen o aprendizaxe do Ingles con movemento físico.Eu irei seleccionando o longo do curso os que considere máis interesantes .  Un saúdo .

 

domingo, 1 de novembro de 2020