venres, 20 de novembro de 2020

6º CURSO SEMANA 23 NOVEMBRO

6º  :  Na Aula Virtual de Educación Física tendes no apartado "Os nosos traballos "   os PODCAST sobre alimentación que fixemos esta semana. Se hai algo que vos apetece cambiar ou mellorar podemos repetilos. Tamén podemos facer novos podcast se  considerades importante  aportar algo novo sobre alimentación. 

A próxima semana imos facer un vídeo grupal  saltando a  comba que servirá para ter evidencias para por a  parte da  nota  na que se ten en conta A HABILIDADE MOTRIZ BÁSICA SALTO .

O luns dividirémonos en grupos e ademáis de practicar o salto básico e alternando os pes  cada grupo  pensará algunha proposta  , truco ou salto diferente utilizando a comba  .

O xoves , se da tempo ...  faremos o vídeo  grupal no que ademáis de mostrar a nosa pericia saltando  cada grupo propón o seu truco o resto .

Antes de saltar calentaremos e finalmente estiraremos .

Ningún comentario:

Publicar un comentario