sábado, 31 de outubro de 2020

6º PRÓXIMA SEMANA NOVEMBRO

 O luns :

1ºveremos o vídeo que fixestes , dura 8 minutos.

2ºBaixaremos a andar e correr quen queira individualmente ( se o tempo o permite) .

3ºSaltaremos a comba 10 min 

4ºEstiraremos cuádriceps e xemelos. 

Este vídeo fala sobre o calentamento.O Xoves traballaremos sobre él.

https://youtu.be/ByE0VdIurXA




sábado, 24 de outubro de 2020

6º CURSO! CONTINUAREMOS COA PREPARACIÓN DOS XOGOS POPULARES

Fixen un primeiro video coas grabacións do outro día . O luns  o vedes e repetimos as explicacións que consideredes por se  alguén detecta erros  e quere repetilo  que xa sei que sodes unhos cant@s. ..
PRECISAREI A VOSA AXUDA PARA : 

1º Montar 4 circuitos de chapas con cinta aislante dentro do  ximnasio e 3 ou catro  de raiolas  que faremos con cinta antideslizante  no porche do ximnasio. Para facer as raiolas precisamos antes pintalas con tiza no chan.
2º - Lembrar @s máis pequen@s as  medidas de seguridade xerais ( non pasar as bolas ou material duns a outros, limpar as mans  antes e despois de coller   os materiais  e ... se da tempo limpar os materiais antes de deixalos na caixa verde .Lembrar tamén o de intentar manter a distancia social ...e mascarilla tapando o nariz .

O alumnado que xa rematase a taréa de facer o vídeo e preparar a zona do seu xogo pode saltar a comba ou xogar as chapas e/ou a raiola.
O xoves se xa o teño ensinareivos o vídeo final  e  faremos  algúns destes xogos en grupo pequeno.
Vémonos o luns!

domingo, 18 de outubro de 2020

6º CURSO : AXUDA PARA EXPLICAR OS XOGOS POPULARES!

 Esta semana necesito voluntari@s de 6º para explicar os xogos populares que  normalmente facemos no Magosto. A idea é facer video coa explicación para que @s máis pequenos o poidan ver .O luns decidimos que xogos explicamos. Como sabedes non pode haber intercambio de materiais e ten que ser posible manter distancia.

martes, 13 de outubro de 2020

1º ,2º AS POSTURAS DO CORPO - EXPERIMENTANDO O DESEQUILIBRIO !

Esta semana en 1º e 2º  continuamos traballando  o coñecemento do noso corpo  .Hoxe  estivemos traballando o equilibrio estático no chan . Aquí tendes unha pequena mostra!

 

sábado, 3 de outubro de 2020

AVISO SOBRE COMO DEBE SER EL TAMAÑO DE LA COMBA O CUERDA .

Párate con los pies juntos sobre la mitad de la cuerda, es decir, písala por su medio y con las manos llévala hacia el tronco por los lados del cuerpo, si la cuerda llega hasta tus axilas, ese es el largo adecuado.

4º,5º E 6º - OCTUBRO : MELLORO A MIÑA CONDICIÓN FÍSICA.TOMO O PULSO.

Este mes imos intentar mellorar a nosa condición física saltando a comba.Se practicades en casa e dominades o salto básico podemos intentar idear unha coreografía seguindo o ritmo da música. Suxerencias musicais a : alexandrebovedaef@gmail.com. Iniciaremos as clases facendo AUTÓNOMAMENTE O CALENTAMIENTO ARTICULAR , podemos consultar a última ficha que pegastes no cuaderno. Bo finde !!!!