sábado, 24 de outubro de 2020

6º CURSO! CONTINUAREMOS COA PREPARACIÓN DOS XOGOS POPULARES

Fixen un primeiro video coas grabacións do outro día . O luns  o vedes e repetimos as explicacións que consideredes por se  alguén detecta erros  e quere repetilo  que xa sei que sodes unhos cant@s. ..
PRECISAREI A VOSA AXUDA PARA : 

1º Montar 4 circuitos de chapas con cinta aislante dentro do  ximnasio e 3 ou catro  de raiolas  que faremos con cinta antideslizante  no porche do ximnasio. Para facer as raiolas precisamos antes pintalas con tiza no chan.
2º - Lembrar @s máis pequen@s as  medidas de seguridade xerais ( non pasar as bolas ou material duns a outros, limpar as mans  antes e despois de coller   os materiais  e ... se da tempo limpar os materiais antes de deixalos na caixa verde .Lembrar tamén o de intentar manter a distancia social ...e mascarilla tapando o nariz .

O alumnado que xa rematase a taréa de facer o vídeo e preparar a zona do seu xogo pode saltar a comba ou xogar as chapas e/ou a raiola.
O xoves se xa o teño ensinareivos o vídeo final  e  faremos  algúns destes xogos en grupo pequeno.
Vémonos o luns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario